ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Debate sobre o racismo no deporte que se produciu logo de que o xogador do Real Madrid Vinicius junior denunciara que Prestianni, do Benfica, o insultou tapando a boca coa camiseta. O xesto de tapar a boca coa camiseta non é raro, explicou en Radio Fene o psicólogo José Barcia Tuccelli.

Os xogadores tapan a boca cando falan entre eles ou cos adestradores para evitar ser vistos porque saben que sempre hai cámaras. “É unha manobra de auto-protección”, sinalou Barcia. O problema do racismo non é so do fútbol ou do deporte, “é da sociedade”, engadiu. Por iso, considera que hai que “ir á raíz, o foco ten que estar na educación”. “Se queremos cambiar esta lacra da discriminación temos que pagarlles mellor aos profesores, non aos adestradores, hai países nos que os educadores son as estrelas da sociedade”, comenta Barcia Tuccelli.
Publica o teu comentario agora