Educación da a coñecer o novo sistema de axudas aos libros de texto

Educación da a coñecer o novo sistema de axudas aos libros de texto

26 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Consellería de Educación aportará bolsas de 180€ por alumnos ás familias coas rendas máis baixas. A Xunta denomína este sistema como "gratuidade solidaria" . A bolsa cubrirá a totalidade do gasto ás familias con ingresos de ata 5.400 €. A implantación do novo sistema será progresiva. Mentras continuará o sistema de préstamo vixente ata agora, polo que no mes de setembro recibirán os lot

A Consellería de Educación aportará 180 € por alumno de familias con rendas baixas grazas ao novo sistema de axudas á compra de libros en centros públicos e concertados, que vai sustituír progresivamente ao mecanismo de préstamo vixente. O novo programa dotará as familias de bolsas que cubrirán a compra en función do nivel da renda, asegurando axudas para as familias con menos recursos. O sistema de “gratuidade solidaria”, concibido para que as rendas máis altas e desafogadas contribúan solidariamente coas máis é o que máis cartos aporta por alumno en toda España.

A bolsa cubrirá a totalidade do gasto en libros para familias con ingresos de ata 5.400 euros anuais por persoa no fogar –ou ata 6.000 €, se a familia é monoparental- cunha axuda máxima de 180 euros por cada neno. Para as familias con ingresos entre 5.400 e 9.000 euros por persoa no fogar –ou entre 6.000 e 9.000 € no caso das monoparentais-, a Consellería garante unha axuda aproximadamente a metade do custo. Ademais, a bolsa será de ata 250 euros para o alumnado de Educación Especial, independentemente dos ingresos familiares.

A modalidade elixida permite unha maior solidariedade, centrando as axudas nas familias con menos recursos ao contrario que o anterior modelo que outorgaba cobertura universal, fose cal fose o nivel de renda. Tamén devolverá a estabilidade ao sector do libro, afectado profundamente polo sistema de préstamo e que vía como os seus ingresos variaban cada ano en función dos cursos que se tiñan que renovar.



O sistema de axuda á compra de libros comezará nos dous próximos cursos para 1º, 2º 5º e 6º de Primaria e Educación Especial. No curso 2011-12 sumaranse 1º e 3º da ESO, para pasar a cubrir todos os niveis a partir do curso 2012-13. Os libros de 1º, 2º e Educación Especial xa se renovaban todos os anos e este curso tocaba cambiar os de 5º e 6º.

O programa actual de préstamo continuará vixente mentres dure a implantación do novo sistema, polo que os alumnos de 3º e 4º de Primaria e os de Secundaria recibirán os lotes correspondentes no mes de setembro.

Sociedade