ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Máis de 202.000 alumnos e alumnas de educación infantil, primaria e especial inician o curso escolar 2015-2016 hoxe en Galicia. É un dato de matriculacións que practicamente replica o do curso anterior. Algo que se mantén constante tamén é o enfrontamento entre os sindicatos docentes e a Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
A Plataforma Galega sostén que minguan os recursos para escola pública en beneficio dos centros privados concertados e que a propia Xunta recoñece o que eles denuncian. Louzao revélao así: “Eu acabado de falar co inspector xefe da Coruña e sen ningún tipo de empacho volve dicir que non desdobran as unidades que pasan de 25 alumnos, nin con 26, nin con 27, nin con 28, e que había centos de unidades así na provincia, polo que a Consellaría incumpre a súa propia legalidade que fixa a ratio máxima de alumnos por aula en 25”.
O conselleiro de Educación mantén que a obriga do Goberno é “garantir sempre o servizo público e iso está claramente garantido, e como calquera servizo necesita melloras”. Ademais, Román Rodríguez explica que, ao cabo, o sistema educativo público galego “vai mellorando nos seus resultados e iso é o que debe preocupar á administración e ás familias”. “Se vemos os datos, a taxa de fracaso escolar reduciuse notablemente e as variables educativas medraron”, resolve.
Alumnado
Xa está en marcha o novo curso en Galicia para 202.476 alumnos e alumnas, o que supón un 0,01% menos ca no ano precedente. Nos centros galegos de educación infantil están matriculados 64.350 alumnos e alumnas, un 1’7% menos ca no curso anterior. En Primaria medra o alumnado un 0,86%, ata acadar os 136.779 estudantes. Na educación especial o descenso de nenas e nenos matriculados é do 2%. O 15 de setembro comezará o curso para os estudantes de secundaria e bacharelato.