Educación négase a adiar un ano o decreto de reforma da FP

Educación négase a adiar un ano o decreto de reforma da FP

10 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

“A Consellaría de Educación está obrigada a garantir o beneficio de toda a sociedade por riba dos intereses lexítimos dos grupos”. Con esa fórmula, o Goberno xustificou a decisión de seguir adiante coa tramitación do decreto que reforma as ensinanzas de Formación Profesional en Galicia con efecto inmediato, xa no curso 2011-2012. Fíxoo malia a negativa dos sindicatos presentes na mesa sectorial do ensino non universitario celebrada e

A Xunta asegurou que non haberá problema para atopar acomodo a estudantes e que se fará con desprazamentos “mínimos ou nulos”. Porén, os sindicatos critican que non se lles informase con anterioridade deste cambio que se debe executar nun breve prazo de tempo. Por iso demandaron que a cuestión fose adiada ata o vindeiro curso, e aplicada a partir do 2012-2013, explicou o representante da UGT, Raúl Gómez.

Perante a negativa da Consellaría a atender ás súas demandas, tanto a UGT como CIG-Ensino e STEG erguéronse da mesa sectorial, ficando tan só Comisións Obreiras e ANPE que, malia rexeitar tamén as urxencias da Xunta, preferiron ficar a debater outros temas pendentes.  Fronte á reacción sindical, o director xeral de Educación, José Luis Mira, retrucou que a creación dos novos centros integrados de Formación Profesional “non supón prexuízo algún para o alumnado” e que o profesorado “continuará coa súa actividade docente en centros da súa localidade”. Ademais, volveu asegurar que desta maneira se crearán 1.100 novas prazas de FP para as que hai demanda. Mira tamén asegurou que os sindicatos non achegaron razóns abondas que xustificasen o adiamento.

Xa ás portas de San Caetano, o secretario xeral de CIG-Ensino, Anxo Louzao denunciou o “ninguneo” da Administración aos representantes lexítimos do profesorado. Explicou que ao extinguirse sete institutos pecharán “73 unidades de ESO e Bacharelato en toda Galicia”. Segundo os cálculos da CIG, eliminaranse 200 postos de docentes e máis de 1.500 postos escolares no ensino público, desprazando forzosamente aos estudantes e provocando a masificación nas aulas dos centros receptores. Louzao asegurou que trala decisión da Xunta hai “un ERE encuberto” para beneficiar ao ensino concertado, que acabará por asimilar a moitos dos afectados.

Institucional