ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A Aula Castelao celebra a XXVI Semana Galega da Filosofía en Pontevedra, que concluirá pasado mañá venres e durante a que se achegan todo tipo de reflexións verbo dun tema común que desta volta resultou ser a educación. A coordenadora da semana, Olga Aguiar explicou a Radiofusión que a Semana quere transmitir a idea de que educar é algo que está máis alá da etapa vital infantil e xuvenil e do eido escolar, senón
A Aula Castelao, que lle dá abeiro a un colectivo de ensinantes, coida que este ano resulta especialmente axeitado dedicar a Semana da Filosofía á Educación. A súa vicepresidenta, Olga Aguiar quíxose referir ás polémicas verbo do ensino en galego, que considera artificiais, animadas por intereses partidistas e afastadas do contexto educativo real en Galicia.