ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A dialogar tamén se aprende. O diálogo serve para facerlle fronte ás situacións conflitivas da vida. Os concellos de Fene, Neda e Mugardos organizan sesións sobre os chamados Círculos de Diálogo para familias, escolares e profesorado dos centros educativos. Unha iniciativa que comentou en Radio Fene a pedagoga municipal, María Xosé Paz.

“Moi gratificante e enriquecedora”. Así describe a pedagoga do Concello de Fene, María Xosé Paz, a sesión do programa Máis que un teito na que familias de Fene, Neda e Mugardos aprenderon o luns a técnica chamada Círculos de Diálogo para comunicarse mellor con fillos e fillas. A mesma técnica que se empregou con pais e nais porase en práctica co alumnado de 2º e 3º da ESO e tamén co profesorado dos centros educativos dos tres concellos. Será á volta das vacacións da Semana Santa. Tamén neste caso estará dirixida por Naira González Fontenla, educadora social e psicopedagoga.
Publica o teu comentario agora