Efecto bolboreta

A gran migración
23 de Novembro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O efecto bolboreta está a revolucionar as redes sociais. Houbo unhas eleccións nos Estados Unidos, que lle deron moito protagonismo e millóns de dólares a Elon Musk. Esa alianza do multimillonario das tecnoloxías con Donald Trump e o seu nomeamento para un cargo no Goberno dos Estados Unidos son o detonante do que veñen en chamar “a gran migración”, como nos contou Iago Varela. 

ESCOITA O PODCAST:

Moita xente busca un lugar no que se sintan máis libres para compartir ideas e opinións a través das redes sociais. Hai varias opcións, como Mastodon e Threads, pero semella que a gran alternativa é Bluesky, que ten como símbolo unha bolboreta azul. Iago Varela explicounos que esta rede social combina “o mellor dos dous mundos, a accesibilidade dunha plataforma máis simple e a liberdade técnica dunha descentralizada”. “Volver ás raíces de Twitter con algunhas melloras, creada por un dos seus co-fundadores para recuperar a esencia dunha rede social aberta, accesible e menos controlada polos intereses comerciais ou políticos”.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora