Efectos secundarios de cine

Efectos secundarios de cine
02 de Febreiro, 2023 - 02:49 h. | Publicada por Radio Fene

“Efectos secundarios”. Título da nova curtametraxe dirixida polo veciño de Fene Manuel G. Bonome é candidata aos premios Mestre Mateo 2023. Preséntase o vindeiro xoves, día 9, no Ateneo Ferrolán, ás 19.30 horas. O director falou da súa última produción en Radio Fene.

ESCOITA O PODCAST:

“Efectos secundarios” é o sexto traballo audiovisual de Manuel G. Bonome. Rodouse no mes de outubro pasado en Culleredo e Arteixo. "A montaxe rematou no mes de novembro, a tempo para presentala aos Mestre Mateo", sinala o director. Inspirada nun feito real que ocorreu en Ferrol a curtametraxe de ficción, narra en 20 minutos a historia de Antonio, un home maduro, e a súa amante Nuria, unha muller máis nova. Van ter un encontro e el recorre a unha axuda química. O resultado será impredecible. "Contáronme esa historia e pensei isto dá para facer un corto". Tania Villamarín encabeza o plantel de actores que completan Alberto Casal, José Ramón Mosquera Ferreiro, José A. Martínez Feal, Finy Sesmonde e Patricia Yáñez Torrente. "O financiamento é unha dificultade, pero o máis importante é ter ideas", asegura Bonome. O futuro da curta nos Mestre Mateo coñecerase pronto. "As votacións remataron o 30 de xaneiro nun par de semanas saberanse os finalistas e a gala na que se coñecerán os gañadores será para primeiros de marzo".

 

Cultura

Publica o teu comentario agora