Eficaz saída de balón

Eficaz saída de balón
03 de Decembro, 2018 - 01:45 h. | Publicada por Radio Fene

Primeira Galicia de fútbol. Orillamar 0 -1 Maniños. O tanto de Dani Fuguillas chegou no minuto 78, pero xenerou outras sete ou oito ocasións de gol, segundo o adestrador Pablo Mesa. que engade: "Elviña non permite moito xogo combinativo, pero nós temos xente moi rápida arriba e intentamos gañarlles as costas".

ESCOITA O PODCAST:
Orillamar 0 - 1 Maniños. Segunda Galicia de fútbol

“Foi a primeira victoria fóra da casa e iso pode significar un punto de inflexión para o ánimo dos xogadores” indica o adestrador Pablo Mesa. O Maniños ocupa agora o undécimo posto da táboa con dezasete puntos. A próxima xornada recibe ao Val que é noveno con dezaoito puntos.

Deportes

Publica o teu comentario agora