EGANET premia ás novas tecnoloxías

EGANET premia ás novas tecnoloxías

16 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

Emprendedores, mellor ambiente laboral e publicidade on-line, son algunhas das categorías da VI edición dos premios EGANET. A entrega dos galardóns realizaráse ás sete desta tarde no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela.

A Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e as Novas Tecnoloxías convoca por 6º ano consecutivo os Premios Eganet, co obxecto de recoñecer o labor de profesionais e empresas galegas que traballan con tesón no desenvolvemento do sector TIC en Galicia.

Con esta iniciativa EGANET quere promocionar e servir de plataforma de lanzamento para os proxectos realizados de xeito íntegro por empresas galegas no campo das tecnoloxías da información e as comunicacións, dando a coñecer a tódolos sectores da sociedade galega os resultado do traballo das empresas galegas neste ámbito.

Os Premios Eganet son o acto anual de maior repercusión para o sector Tic galego. Nas cinco edicións celebradas presentáronse máis de 600 proxectos cunha participación de entorno a 500 empresas galegas que foron recoñecidas e presentadas na Gala de Entrega de Premios ante máis de 200 asistentes.

Nesta edición teremos un prazo de presentación de candidaturas, ás 9 categorías, do 19 de outubro até o 23 de novembro ás 24:00 horas. Celebrándose a Gala de Entrega aos premiados e finalistas o 16 de decembro.

Sociedade