ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Neste cuarto capítulo deste podcast que rende tributo a Alfonso Daniel Rodriguez Castelao e á súa obra "Os vellos non deben de namorarse", asistimos á visita que a morte fai ao vello Boticario.

Chegou o meu momento, queridos oíntes: aínda está Saturio pulsando as cordas, soñando que aínda ten folgos de estudante...
Entón, entro eu na botica.... con cara do que son, de morto, de pobre mendicantes, e chamo polo boticario, que na súa fantasía nin me sentiu entrar.
....
“Eu veño de moi lonxe, para mercar unha menciña... un medicamento que me sande.”
Neste cuarto capítulo deste podcast que rende tributo a Alfonso Daniel Rodriguez Castelao e á súa obra "Os vellos non deben de namorarse", asistimos á visita que a morte fai ao vello Boticario.
O grupo de teatro Merlín e Familia ponlle voces ao guión de Antonio Tizón dirixidos por Eugenia Sanmartín e contan coa banda sonora de Antón Ramos.
Interveñen como actores e actrices por orde de aparición: Rogelio Arias, Sonia Parra, Antón Cortizas, Mariola Hermida, Carme Romero, Helga Méndez, Ana Santiago, Vicky Sas, Odoluscofusco, Angel Simón e Manolo Bacalhao. No apartado técnico Lorena Teijeiro, Luis Caldevilla e Xavier Fernández.
Fotografía: XanXe
Publica o teu comentario agora