El Gran Wyoming en Fene

El Gran Wyoming en Fene

18 de Setembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

El Gran Wyoming actuou esta madrugada na IX edición do festival Fenerock, acompañado do seu grupo Los Insoulventes. A súa participación serviu de reclamo para milleiros de persoas que se achegaron ao paseo marítimo de San Valentín.

Wyoming, desde 2006 presenta na Sexta o programa nocturno El intermedio, no cal realiza comentarios satíricos da actualidade diaria. Ademais de actuar en televisión, escribe unha columna no xornal Público do grupo Mediapro, chamada Asuntos & Cuestiones, na que critica diferentes temas, tanto de política como actualidade.

Sociedade