Eleccións á Camara de Ferrol: a cruz de Gato

Eleccións á Camara de Ferrol: a cruz de Gato

20 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

É Gato candidato? A esta pregunta terá que responder a Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia que admitiu a trámite a reclamación presentada por unha das candidaturas a dirixir a Cámara de Comercio ferrolán contra Novo Impulso, por vulnerar o proceso electoral ao presentar como candidato a Xoan Gato, cando éste, afirman, non figura oficialmente como tal. O ex alcalde de Narón deféndese alegando que é membro dos c

A reclamación fundaméntase en que Xoan Gato aparece como líder dunha candidatura cando nin siquera é candidato, algo que o líder da outra candidatura, Francisco Cruz, xa viña denunciando na campaña e como se referíu ao contrincante nos micrófonos de Radiofusión a semana pasada. Nos mesmos micrófonos, un dia despois, Xoan Gato, explicaba que él é membro do Consello de Administración de varias empresas o que lle da dereito, de gañar Novo Impulso, a ser elexido presidente.

A Xunta admitíu a trámite a reclamación entendendo que Xoan Gato e Novo Impulso poderían ter incurrido en fraude. Éstes deféndense afirmando que, no caso de gañar as eleccións, Xoan Gato pode ostentar a presidencia da Cámara sin ningún problema porque nas eleccións do próximo xoves non se elixe ao presidente senón aos vocais do pleno da Cámara, e despois calquera das entidades xurídicas que formen parte do pleno, poden asignar a sua representatividade ao ex alcalde de Narón.

Tanto Novo Impulso como o seu líder teñen un plan B, segundo desvelou o propio Xoan Gato na mesma entrevista. Por se houbese algún resquicio legal que se lle escapa Gato asegurou que, de gañar Novo Impulso,  sempre podería ser nomeado Xerente da Cámara de Comercio. As Eleccións á Camara de Comercio continúan o seu curso e o próximo xoves dia 22 as urnas abrirán en FIMO durante doce horas, de 9 da mañán a 9 da noite.

Sociedade