Eleccións á vista

Eleccións á vista
09 de Outubro, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

No Partido Popular de Fene xa activaron a maquinaria electoral para os comicios do 29 de novembro. “Que falen as urnas, a situación política non se podía seguir alongando”, opina o voceiro do PP no Concello de Fene, Gumersindo Galego.

ESCOITA O PODCAST:

“As xerais a nosoutros dannos menos traballo que as municipais, as campañas as fan as televisións e a radio, so pegamos carteis nos paneis do Concello por ter unha representación, no que estamos traballando xa é no nomeamento de interventores e apoderados”, explicou Gumersindo Galego. 

Culpa a todos

“Un monstro que acaba de espertar, pero algún día tiña que espertar”, indica sobre a crise da vivenda que provocou o adianto electoral. O detonante foi o desafiuzamento de Maricarmen, a anciá madrileña que morreu no hospital sen poder voltar á súa casa. 

“Os acontecementos foron bastante graves, que lle sirvan a todos os políticos para tomar conciencia de cales son as necesidades do país e cales deben ser as solucións”, apunta Galego que reparte culpas entre todas as administracións. “Hai que pedir responsabilidade a todas as administracións, a Xunta que constrúa, os concellos que doten de terreo e o Goberno que apoio ás outras para darlle para diante á vivenda”.

Institucional

Publica o teu comentario agora