ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Verlaine ten forza e elegancia, é enorme como a Edade Media” afirmaba Pablo Neruda. “Sempre o estou lendo, desde a adolescencia. Ë un poeta moderno e principesco. Todos os sentimentos están nel. Relátanos unha Francia infinitamente fermosa e abundante, de lembranzas, augas, construcións e poesía” indicaba o escritor, premio Nobel de literatura, en conversa co xornalista e escritor Ramón Chao.
Ramón Chao escrebeu varios libros inesquecibles. Foi tamén, en París director de Radio France Internationale e correspondente do semanario Triunfo. Ao longo desas experiencias coñeceu a numerosos creadores. Entroutros, encontrouse co poeta Pablo Neruda (1904-1973). Emitiu a conversa no programa Las grandes voces de América Latina e cedeu este espazo para a súa emisión en Radio Fene en 1985.
Publica o teu comentario agora