ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Maniños encaixou unha goleada no Pote. Maniños 1-7 Unión Campestre. No primeiro partido da Liga que perde o Maniños. O adestrador, Juanjo Iñiguez, Cebolo, asume a responsabilidade do mal resultado. Froito dunha morea de desacertos. Elegante, Iñiguez non busca escusas. Felicita ás gañadoras e defende ás súas xogadoras. A meteoroloxía non foi boa pero forma parte do fútbol. As nenas estaban a tope e ilusionadas co partido. Había público, a xente está co equipo.
“Saín bastante desgustado. Tivemos unha morea de desacertos. O primeiro responsable son eu, polo formulación coa que traballamos toda a semana. O Unión Campestre compite moi ben, ten as cousas moi claras. As nosas xogadoras dérono todo, xogaron ben, pero cando o rival é superior hai que recoñecelo. Competimos todo o que puidemos e non queda máis que felicitar ao Unión Campestre pola vitoria”, explica o adestrador. “Esperemos que sexa un accidente”, confía en “aprender dos erros” porque “somos novos na categoría e estamos aprendendo”. A pesar da derrota, o Maniños está de cuarto na táboa e agora ten dúas semanas por diante para recuperar a confianza. A seguinte xornada será na fin de semana do domingo 6 de novembro. Reciben ao Orillamar.
Fotografía: Xan Xe
Publica o teu comentario agora