Elemento peculiar da paisaxe galega

Elemento peculiar da paisaxe galega
21 de Marzo, 2025 - 01:46 h. | Publicada por Radio Fene

Laura Bouza do laboratorio Laudas Calamity. Manuel Pico da Asociación Veciñal de Magalofes. Henrique Sanfiz de Radio Fene. Contaron á rapazada do Colexio Os Casais de Maniños as historias que están detrás da exposición “Documenta Hórrea” sobre os hórreos de Magalofes e Maniños. 4º,5º e 6º de Educación Primaria asistiron con atención á charla na biblioteca "Paula Carballeira" do centro educativa. Como remate da actividade, debuxaron a súa re interpretación dos hórreos, piornos, cabazos ou canastros.

A iniciativa conta coas fotografías de Xan Xe e obras de Juan Sobrino, Andrea Pena, Verónica García, Alejandro Coedo, Malena Carballo, Laura Bouza e do laboratorio Laudas Calamity,  dentro dun programa deseñado por Son Radiofusión para poñer en valor o patrimonio arquitectónico e da paisaxe de Galicia. A ANPA e o colexio Os Casais colaboraron no evento que da continuidade a unha exposición que xa pasou por Magalofes, Sillobre, Barallobre e Corcubión. Nenos e nenas visitarán hórreos de Magalofes o vindeiro luns e gravarán un video sobre esta construción que constitúe unha das achegas máis significativas á hora de conformar a paisaxe galega e un elemento peculiar da xeografía do territorio. 

 

Imaxe do acto no Colexio Os Casais de Maniños

Cultura

Publica o teu comentario agora