Elena Gallego: "Somos a memoria"

Elena Gallego: "Somos a memoria"

23 de Decembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Elena Gallego prepara a cuarta entrega de Dragal, unha saga de novelas que se levará á televisión e que hoxe en día deron lugar a un proxecto educativo en liña. Barállase asimesmo a súa conversión en videoxogo e banda deseñada. As historias da vida real con elementos máxicos que beben da tradición galega, dan para moito segundo a escritora.

A autora defende a memoria histórica e que os rapaces saiban de onde veñen e comproben que "o que temos nós, vale tanto coma calquera cultura do mundo". Dragal estase a traducir ao español, porque interesa en América Latina. No 2014 sairá xa ao mercado o primeiro volume da saga en inglés.
 

Sociedade