ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Un grupo de escolares do IES Nº 1 de Ordes visitaron esta mañá a exposición “Elas Ensinan”, unha mostra promovida pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta e que dende o pasado día 11 pode visitarse no Museo Xoxardo de Ordes.
Os escolares, alumnos de 1º da ESO do IES Nº 1, interesáronse polas historias das dezaoito mestras galegas a quen se adica esta exposición. Na mostra pódense ver paneis sobre a vida e o traballo destas mulleres e complétase co acceso a unha base de datos onde se recollen as biografías de moitas mulleres mestras, co obxectivo de que o público interesado poida acceder á información sobre unha persoa en concreto ou mesmo sobre as mestras que desenvolveron a súa actividade nun concello determinado.
A exposición quere servir de homenaxe a estas mulleres como pioneiras da incorporación das mulleres ao mercado laboral. Pódese visitar ata o vindeiro 23 de xuño na sala de exposicións do Museo Xoxardo os luns, mércores e venres de 17 a 20 horas.