ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Os novos contos de fadas estannos matando” afirma a escritora Eli Rios, referíndose ao argumento dunha serie para adolescentes de moda: “Dous homes loitan por unha muller, un é lobo e outro vampiro. A rapaza enguedéllase cun deles e queda preñada e procrea un monstro, co que lle estamos dicindo ás rapazas que teñen que sufrir e padecer e que iso é guai” indica a autora de “O ceo das reixas” e “Remexido de patacas”.
Eli Rios tamén defende a recuperación “de redes de afectos e de apoios que nos poden axudar a saír dun momento de crise”. No mundo tradicional dábaselle ao veciño pementos e patacas cando había, e tamén el viña axudar cando se recollía o millo, pero todo iso rompeuse coa urbanización e a globalización.
“Cando todo pasou é moi fácil mirar atrás e decatarse dos erros. Cando ves as cousas na pel doutra persoa, tamén. O difícil do conto é actuar desde dentro de ti mesma no momento en que as historias acontecen”.
Comeza así o libro de Eli Rios “Remexido de patacas”.
En “O ceo das reixas” fala da invisibilización, dos silencios, da violencia e da linguaxe que constrúen cadeas imperceptíbeis arredor das mulleres. En “Remexido de patacas” propón unha receita, como forma sa e saudable de emendar os hábitos aprendidos nesta sociedade.
Publica o teu comentario agora