ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Galicia elixe nesta xornada aos 75 deputados do Parlamento. Teñen dereito a voto 2.700.000 cidadáns, case 500.000 deles, residentes ausentes. O prazo para votar estará aberto ata as oito da tarde.
O Partido Popular parte con 42 deputados. Debería baixar probablemente sete chanzos para perder o poder. Conta co previsible apoio do único deputado ao que aspira Democracia Ourensán. Na recámara tamén aspira á salvación, cun parlamentario máis que lle chegaría dentro dunha semana procedente do voto emigrante.
Xunto co descenso do PP, as outras tendencias que semellan agromar nestas eleccións pasan polo ascenso do BNG e o estancamento ou retroceso do PSOE. Da intensidade desas liñas, dependerá o resultado final. Segundo o comentarista Enric Juliana en La Vanguardia, “o PP comezou a campaña totalmente seguro da súa vitoria, e rematou con dúbidas e nervios. Onte comunicou vía SMS un aumento de soldo aos traballadores da sanidade pública galega.. Es é un sinal inequívoco de como están as cousas horas antes de ir votar”.
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora