ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Baixo o título “Latinoamérica portas abertas I“ o fotógrafo venezolano Federico Fernández Ackermann amosa unha escolma fotográfica que se abre o vindeiro luns no Ateneo de Ferrol. Unha exposición organizada pola Federación Galega de Asociacións de Emigrantes Retornados co apoio de Confederación Intersindical Galega-Migración.
Premio Nacional de Fotografía en Venezuela en 1995, Fernández Ackermann é un dos máis importantes fotógrafos de Latinoamérica. Esta mostra é un avanzo do próximo catálogo recopilatorio da súa obra que coa axuda da Deputación da Coruña e o Departamento de Migración da CIG a Federación Galega de Asociacións de Emigrantes Retornados quere editar o vindeiro ano 2010 para acompañar a exposición itinerante por toda Galiza.
A súa obra está presente nas principais coleccións particulares e públicas europeas e estadounidenses. O seu traballo está incluído no principal catálogo de fotografía latinoamericana do mundo da especialista suíza Erika Billeter, que abrangue aos 116 principais fotógrafos do continente, editado no Estado español.
A exposición das instántaneas de Federico Fernández Ackermann pódese visitar dende o luns 2 ata o 15 de novembro no Ateneo ferrolán.