Emilio Garcia, novo director do Porto de Ferrol

Emilio Garcia, novo director do Porto de Ferrol

23 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os membros do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao aprobaron na sesión ordinaria desta mañá o nomeamento do novo director do ente. Desde hoxe, Emilio García García estará á fronte da dársena ferrolá en substitución de Susana Roel, na dirección desde xaneiro de 2006.

Emilio García naceu en 1965, é Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos desde 1989, e ten recoñecida en experiencia en xestión portuaria. Actualmente desenvolvía a súa profesión como Xefe do Departamento de Xestión de Construción de Infraestruturas e Servizos da Autoridade Portuaria da Coruña, onde foi director das obras de Punta Langosteira, e estivo á fronte da dirección da Autoridade Portuaria de Vilagarcía entre 2002 e 2004. Previa á súa traxectoria portuaria, desenvolveu unha ampla experiencia en xestión e construción civil na empresa Cubertas e MZOV e na Xunta de Galicia.

Sociedade