A emoción está servida

A emoción está servida
22 de Marzo, 2021 - 12:02 h. | Publicada por Radio Fene

A Segunda B e a Terceira división do fútbol están a punto de caramelo. O domingo xóganse os últimos encontros e case todo está aberto. A pelexa polas prazas que dan opción ao ascenso está servida. A incertidume e a emoción tamén.

ESCOITA O PODCAST:

A última xornada na Segunda B do fútbol será de máxima tesión. No subgrupo 1 A o Zamora ten asegurada unha praza entre os tres primeiros para a promoción de ascenso á Segunda División. Para as outras duas prazas, Unionistas, Celta B, Deportivo, Racing e Compostela teñen posibilidades matemáticas. Todos os partidos xogaránse o domingo ás doce do mediodia. Se o Racing gaña, necesita que non gañe o Deportivo ou non gañe o Celta B, segundo explica Carlos Castro. 

Na Terceira División todo está pendente para a última xornada. Polvorín, Somozas e Vilalbés pelexan por duas prazas na promoción de ascenso. Na última xornada, Somozas- Bergantiños, Polvorín – Arzúa e Silva – Vilalbés. A goleada da xornada foi no derbi entre o As Pontes e o Somozas. O lider da Terceira, o Bergantiños deu a sorpresa, empatando na casa. A primeira fase da Terceira División finaliza este domingo coa disputa dunha última xornada en horario unificado, ás cinco da tarde. O Bergantiños sairá motivado na última xornada. Quererá acumular puntos que valen para a seguinte fase e ademais o Somozas, é un rival importante. 

Como queda o fútbol no estado español, para a vindeira tempada.

A Liga de Fútbol Profisional xestionará a Primeira e a Segunda División, con 20 e 22 equipos respectivamente. A Federación de Fútbol encargaráse das seguintes categorias. Chamaranse agora Primeira Federación con 2 grupos de 20 equipos cada unha, Segunda Federación con 3 grupos de 20 e Terceira Federación con 18 grupos.

Deportes

Publica o teu comentario agora