Emocións humanas

Emocións humanas
09 de Setembro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Medo, tristeza, ira, alegría... Son emocións básicas que todos experimentamos e que nos axudan a sobrevivir. Falamos das emocións en Radio Fene co psicólogo José Barcia. O mural pintado por Cristobal Persona, dentro do Perla mural fest en Fene, xenera emocións positivas e melancolía nas persoas que o contemplan



 

ESCOITA O PODCAST:
Fotografia Xan Xe

Tamén as emocións que consideramos positivas poden, nalgúns casos, ter efectos desfavorables se están aparelladas a un trastorno, como é o caso do maníaco-depresivo. Para regular as emocións o primeiro é entender que está pasando no noso interior, sinala o psicólogo José Barcia. A partir da emoción teríamos que analizar os pensamentos asociados, que teñen base nas nosas crenzas persoais que son as que nos afectan. As emocións desencadean procesos fisiolóxicos, cognitivos e de comportamento. E aí é onde poden xurdir os problemas, por exemplo se desencadean reaccións violentas, explicou Barcia Tuccelli.

 

Imaxe do mural de Cristobal Persona no Perla mural fest. 2ª edición. 2024.

Fotografía Xan Xe

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora