Empate amargo

Empate amargo
07 de Febreiro, 2024 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

Puntuou o Maniños feminino na Coruña contra o Silva, pero o resultado quedoulle corto nun partido que puido ter gañado. Silva 2-2 Maniños na Segunda División Galega. Ao adestrador Juanjo Iñiguez, Cebolo, non lle satisfai o resultado, quería os tres puntos que estivo a punto de sumar o Maniños, que foi superior.

ESCOITA O PODCAST:

“Púidose facer algo máis, empataron no minuto 94”, relata o técnico. O Maniños foi sempre por diante no partido e mantense por diante das coruñesas na clasificación. “Soubemos xogar o noso partido e fomos superiores”. Por iso, lamenta o empate “positivo si, pero sabor amargo moito porque podíamos traer os tres puntos”. 

Deportes

Publica o teu comentario agora