Empate inxusto

Empate inxusto
08 de Novembro, 2022 - 02:07 h. | Publicada por Radio Fene

A quinta xornada na Segunda División Galega Feminina, logo do parón do Samaín, saldouse con un empate na casa para o Maniños. O marcador quedou en Maniños 2-2 Orillamar. "A valoración é o que di o resultado", declara a Radio Fene o adestrador do Maniños, Juanjo Iñiguez, Cebolo.

ESCOITA O PODCAST:

"Creo que o resultado non é xusto, pero o fútbol pon a cada un no seu sitio cos resultados", matizou o técnico. "Isto é por falta de experiencia e algunhas cousas que seguiremos a traballar", explica. "Ao final o que importa é que fixemos un punto e hai que seguir sumando". O Maniños adiantouse no Pote este domingo, con goles de Lucía (11”) e Sheila (13”), pero non puido aguantar o resultado e o partido acabou en empate, logo dos goles marcados por Isabel Martíns, do Orillamar. O adestrador non está decepcionado. "É falta de experiencia, temos que seguir traballando en moitos aspectos, sobre todo defensivos, porque os dous goles veñen de erros nosos. Dous erros defensivos que pagamos co empate. Fallamos un penalti cando estabamos con 2-1, eu creo que tería sentenciado o partido, pero o fútbol é o que ten. Hai que seguir remando". O árbitro non viu penalti nunha xogada conflitiva, un golpe co xeonllo polas costas, pese a quedar reflectida nun vídeo. "O quen non ven non o pitan, el non o viu. Eu pediría que apliquen o regulamento. O fútbol, feminino ou masculino, ten unha normativa e hai que aplicala. Igual que me expulsa a min a min, con vermella, recoñezo que cometín un erro e pido desculpa", declarou o técnico. Satisfeito, iso si, porque as xogadoras "están traballando moi ben, van a tope, cren no que están facendo e os resultados están dando a razón ao equipo". 

Deportes

Publica o teu comentario agora