ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Empate do Perlío feminino nos Pinares contra o Val B. (2-2) marcador do encontro disputado na Segunda División Galicia. As xogadoras do Perlío tiveron que remontar un partido que se lle puxera moi costa arriba logo dos dous goles marcados polo Val B. Foi posible porque esta vez si había recambios, opina o adestrador Carlos Carballo, Vinky
“Chegamos co 0-1 ao descanso e na segunda metade, nunha xogada illada delas, pitan penalti e fan o 0-2. Fixemos cambios e produciu efecto, as rapazas que saíron do banco aportaron moita enerxía ao equipo, sobre todo no aspecto físico notouse moitísimo”, sinalou. “Conseguimos un empate merecido. A clave é que tiñamos cinco cambios, é a primeira vez que imos con dezaseis xogadoras e iso notouse. Esta vez o banco aportou moito”, destaca o técnico. Noa Castrillón e María Ferreira marcaron os goles do Perlío.
Na imaxe, Noa
(Fotografía Xan Xe)
Publica o teu comentario agora