Empate xusto

Empate xusto
22 de Novembro, 2022 - 02:33 h. | Publicada por Radio Fene

A sétima xornada quedou en táboas e sen goles para o Perlío na Segunda División da Liga feminina. O Val B 0-0 Perlío. “Foi un partido moi igualado, con poucas ocasións de gol, de feito, as que houbo foron a balón parado as principais ocasións”, resumiu en Radio Fene Carlos Carballo, Vinky.

ESCOITA O PODCAST:

“Eu estou contento, fixemos un bo partido pero o rival tamén xoga. É un rival que nos coñece de sobra, estiveron ben plantadas no campo en defensa, nós intentamos por todos os medios pero tampouco creamos moitísimas ocasións de perigo, estivemos os últimos minutos no campo delas pero fixeron boa defensa”,  explicou o adestrador. “Elas tiveron unha falta moi clara, perigosa, que Jeni parou moi ben. Nós tivemos outra falta que mandou Iria ao longueiro, Ao final, os últimos quince minutos saímos un pouquiño máis a apertar, Intentamos levar os tres puntos, pero elas defenderon moi ben, a verdade, e penso que ao final é un resultado totalmente xusto”

Deportes

Publica o teu comentario agora