Empate xusto

Empate xusto
03 de Maio, 2023 - 12:05 h. | Publicada por Radio Fene

Na Segunda División Galicia de fútbol feminino, disputouse a xornada 24. Saldouse con empate na casa para o Perlío. C.C.R.D. Perlío 2-2 Eirís S.D. Empate xusto, recoñece o adestrador do Perlío, Carlos Carballo, Vinky.

ESCOITA O PODCAST:

O partido comezara cun gol tempraneiro do Perlío, pero non puido acabar cos tres puntos pola presión do Eirís, que se xogaba moito no partido. “É un equipo moi físico, con xogadoras moi fortes e na segunda parte conseguiron o empate. Viñeron polos tres puntos pero nós defendimos ben. Penso que é un empate xusto”.

Deportes

Publica o teu comentario agora