Empezamos fatal

Derrota do Maniños no derbi feminino
10 de Outubro, 2018 - 12:40 h. | Publicada por Radio Fene

O Cultural Maniños entrou mal e arrastrou esa circunstancia todo o partido, a pesar de competir ben a segunda parte e de meter dous goles.

ESCOITA O PODCAST:

O Maniños da Liga feminina de Futbol 8 quedou ás portas no derdi celebrado a pasada fin de semana no seu campo. O Perlío alzouse coa victoria cun gol de vantaxe: Maniños 2- Perlío 3. O técnico do Maniños, Carlos Gómez, explica que o seu equipo saíu fatal ao campo, sobre todo nos primeiros quince minutos. Na segunda melloraron pero ían por detrás no marcador e arrastraron ese lastre . O primeiro foi un golazo de Izu e tamén marcou Rebe para as locais.

Na pŕoxima xornada o Maniños feminino visita ao Capela nos Calzados, un territorio que Carlos Gómez coñece ben por iso afirma que será un partido bonito á vez que complicado. "Son duras en defensa e teñen a Moca marcando a diferencia e a unha excelente porteira" en palabras de Gómez. Escoitamos as opinións do técnico sobre o derbi e o encontro deste sabado na Capela.

Deportes

Publica o teu comentario agora