Empezan as comparecencias na comisión investigadora de Fene

Empezan as comparecencias na comisión investigadora de Fene

27 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O dia 21 de abril poñense en marcha as comparecencias na comisión de investigación para derimir a actuación do ex alcalde, Rivera Arnoso, e o actual alcalde de Fene, Iván Puentes, no proceso da execución das obras de remozamento da casa da finca de Cela, tal e como decidiu a corporación municipal en pleno.

Reuníuse por fín a comisión municipal de investigación da casa do Parque Castelao. Esta mañán, e despois de tres adiamentos, reuníuse a comisión na que están representados todolos grupos politicos municipais de Fene, baixo a presidencia do Alcalde, Iván Puentes. Unha reunión rápida na que unicamente se concretou o comezo das comparecencias de técnicos e responsables políticos.  Os dias 21, 22 e 23 de abril comparecerán o empresario, arquitecto,  técnicos municipais e os políticos relacionados directamente co caso. Precisamente o grupo municipal do BNG emitía un comunicado hai uns dias criticando ao seu socio de goberno, o PSOE, por estar dando largas á xuntanza da comisión que debía terse reunido hai tres semanas. Os nacionalistas siguen sen estar conformes coa presidencia de Iván Puentes que exerceu esta mesma mañán, sen delegar noutro membro da comisión que fose imparcial. O BNG e o PP estaban dacordo en que fose Manuel Sánchez, voceiro de EU. A reunión desta mañán ven coincidir co comezo da vista que se sigue contra o ex alcalde, Rivera Arnoso, o empresario Camilo Ares e o arquitecto Julio Barallobre, que comezou o pasado mércores 25 de marzo coa declaración do primeiro no xulgado de instrucción nº 3 de Ferrol. Os primeiros en declarar ese dia foron o ex alcalde de Fene, imputado por supostos delictos de malversación de fondos públicos e falsedade documental, e o constructor Camilo Ares. O arquitecto está citado para o dia 17 de abril. Rivera Arnoso declaróu diante do xuiz que asinou o certificado de obra da primeira fase da remodelación da casa da finca de Cela, por medo a perder a subvención, pero que non existe ningún tipo de malversación porque os materiais están gardados en dependencias municipais para cando se poidera proceder á sua instalación. Alegou ademáis que existe o compromiso por escrito do constructor de rematar a obra en canto o concello llo demandase. A fiscalía defende que o importe total da obra ascendía a 79.000 € e que só se chegaron a executar traballos por un importe de 28.000 €.  A comisión de investigación que se leva a cabo paralelamente á vista, propiciada polo BNG, tentará explicar internamente como se sucederon as cousas para comprobar se hai responsabilidades ao tempo que dar un exemplo de transparencia a este asunto diante dos cidadáns.  

Sociedade