ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Este ano contamos coa colaboración do tempo e iso é importante”. Todo disposto en Magalofes para a primeira festa do ano na comarca. Comentamos os preparativos das festas na honra de San Xurxo e San Antón co presidente da Asociación Veciñal, Manolo Pico.
“É unha festa con moitísima tradición, de toda a vida, no seu tempo traia as mellores orquestras de Galicia”, lembra o presidente da Asociación San Xurxo. A organización dos festexos “dá moito traballo, hai que xuntar os cartos, somos cen casas con porta aberta e a xente colabora, pero aínda así toca petar en portas tamén fóra da parroquia”. A sesión vermú é a parte do programa con máis gancho entre a veciñanza.
Os festexos abrirán o sábado ás oito da mañá co disparo das bombas de palenque que anuncian o comezo das festas. Begoña García actuará na sesión vermú do sábado e a Orquestra Panamá animará a verbena da noite. O domingo as pezas do xantar estaran a cargo de Tania Redondo.
Publica o teu comentario agora