ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O Concello de Fene anuncia a contratación no mes de xullo de tres persoas para traballar como peóns de obras públicas.

O Concello de Fene vai contratar no mes de xullo a tres peóns/oas de obras públicas para a realización de obras e servizos municipais. As contratacións faranse ao abeiro do Programa de Emprego Local da Deputación da Coruña. As bases publicáronse no Boletín Oficial da Provincia de onte, 11 de maio. Os contratos faranse a persoas desempregadas que estean inscritas no Servizo Público de Emprego. O Concello de Fene tramitará ante a oficina de emprego de Ferrol-Esteiro as ofertas de emprego ao longo desta semana. As persoas que precisen máis información poden dirixirse á Area de Formación e Emprego “Pancho Allegue” do Concello de Fene.
Publica o teu comentario agora