Emprendendo e comunicando

Emprendendo e comunicando
02 de Xaneiro, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

As orixinais iniciativas postas en marcha polas mulleres rurais da Estrada toman forma de radio a partires deste luns ás nove da mañá.

A Asociación de Mulleres Rurais de A Estrada e a cooperativa Camiño Circular participaron no obradoiro de Comunicación Radiofónica impartido por Radiofusión no marco do proxecto Onda ODS. A través dun curso de quince horas de duración, as asistentes gravaron distintos podcast dando a coñecer os seus proxectos mediante cuñas e textos informativos. Tamén as lendas relacionadas coa zona na que viven e traballan serán amosadas nas emisións que poderán escoitarse ao longo desta semana.

Na imaxe, o locutor Pablo García e algunhas das mulleres participantes no obradoiro de comunicación radiofónica na Estrada.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora