Empresarios corruptos

Empresarios corruptos
28 de Maio, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Celestino Carballeira está inspirado en media ducia de empresarios corruptos. O humorista pode transmitir informacións vetadas noutras seccións do xornalismo.   A muller de Celestino afirma que a culpa da pobreza é dos pobres. Se gañaran máis non habería tantos. O humor é transgresor de partida, é un arma máis do xornalismo contra as censuras. 

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

 Xa os bufóns do rei, os bobos de corte,  tiñan un certo salvoconducto para dicir cousas que en serio non se podían dicir, O poder está máis limitado nese terreo apunta Juan López Rico, autor do libro "Aproximación á esquiva figura de Celestino Carballeira" publicado por Galaxia.

Cultura

Publica o teu comentario agora