En boa racha

En boa racha
03 de Decembro, 2021 - 11:26 h. | Publicada por Radio Fene

Na Segunda Galicia, partido matutino no campo do Ramo. O domingo ás doce da mañá o Barallobre recibe ao Vilarmaior, un equipo en boa racha cun partido empatado e dous gañados na última xornada. Pitará Guillermo Loreto. O técnico do Barallobre Óscar Varela desexa que o bo xogo do conxunto do Ramo se traduza en puntos. 

Tamén o domingo pola mañá, o Maniños B recibe no Pote ao Numancia de Ares. Dirixe o encontro, Pablo Bustabad. Os de Ares son líderes e están imbatidos, segundo lembra o adestrador do Maniños B Manuel Freire.

Deportes

Publica o teu comentario agora