En carne propia

En carne propia
19 de Novembro, 2021 - 01:34 h. | Publicada por Radio Fene

Alcalde de Fene. Concelleira de Servizos Sociais. Técnicos municipais Todos eles participaron esta mañá na experiencia Senta e sente. Coa colaboración da ASCM realizaron unha ruta en cadeira de rodas polas rúas céntricas de Fene. 

O alcalde de Fene Juventino Trigo en cadeira de rodas

Comprobaron en carne propia os obstáculos que dificultan a accesibilidade nas rúas de Fene. Voluntarias da ASCM acompañaron a todas as persoas participantes. Xente que ten un accidente, familias con carriños de bebé, persoas maiores coa mobilidade reducida. A accesibilidade é para gran parte da poboación, indican dende ASCM. As mulleres ao ter o seu primeiro fillo danse de conta diso, segundo Paula Gárate, da ASCM. Senta e sente. Iniciativa desenvolvida esta mañá pola concellaría de Servizos Sociais de Fene coa colaboración da ASCM.
 

Institucional

Publica o teu comentario agora