En certos casos, o ser humano non compite coa intelixencia artificial

En certos casos, o ser humano non compite coa intelixencia artificial
02 de Febreiro, 2022 - 08:18 h. | Publicada por Radio Fene

A compositora ferrolá Sofia Oriana Infante investiga o uso da intelixencia artificial como ferramenta compositiva. “Estudio catro tipos de ferramenta, usos comerciais, cabida no mercado e o seu destino para vídeoxogos ou un uso empresarial”. “Non teño ningunha dúbida que en certos casos, o ser humano non pode competir coa intelixencia artificial, hai situacións como en equipos de empresa que necesiten música para un video comercial con carácter case inmediato. Cun plan anual, a intelixencia artificial compón milleiros de músicas a un prezo moi económico". 

ESCOITA O PODCAST:
Mar e ferro. Suso Basterrechea. San Valentín. Fene

Tamén na composición en vivo para videoxogos e outros formatos audiovisuais, cunha música distinta para cada xogador, segundo os niveis de vida, enerxía ou escenario. Nesas situacións o ser humano non pode competir. Sofia Oriana Infante deixou a súa pegada en películas tan premiadas como “Elisa e Marcela” de Isabel Coixet. Traballa na actualidade na finalización da súa tese de doutoramento.

 

Na imaxe, mural "Mar e ferro" de Suso Basterrechea. San Valentín. Fene

Fotografía: Maite Martínez Prieto.

Sociedade

Publica o teu comentario agora