ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
No sitio do globo, a Praza García Hermanos de Betanzos acolle na media noite do sabado o sorteo do coche co que os comerciantes e empresarios da vila agradecen a fidelidade dos seus clientes na campaña " pode ser teu". O non vai máis sería o coche baixara en globo.
Os comerciantes de Betanzos celebran a campaña de verán do comercio, do 1 ao 27 de xuño. A presidenta dos comerciantes e empresarios, Antonia Anido, explicounos que rifan un coche entre os clientes do comercio betanceiro que mercaron neste tempo nos establecementos. O resultado é moi positivo porque todos queren o premio.
Os comercios participantes teñen un distintivo na porta para que os clientes saiban onde poden acceder ás rifas. Mañán sabado é o ultimo dia. O sorteo celebrarase ás 12,30 da noite nunha caseta onde se encontra a urna. Os participantes teñen que depositar as papeletas na urna durante todo o dia e logo deben estar presentes no sorteo, ás 12,30. Para manter o suspense, a asociacion de comerciantes contratou unha orquestra para amenizar a noite na Praza garcía Hermanos.
O 1 de xullo empeza a temporada de rebaixas e os comerciantes de Betanzos teñen postas todas as espectativas nesa campaña porque ofrecen calidade e porque esperan recuperar agora o que non se vendeu na pretempada por culpa do mal tempo.