En defensa da atención primaria

En defensa da atención primaria
27 de Decembro, 2021 - 05:19 h. | Publicada por Radio Culleredo

"Non contratan a máis profisionais e a plantilla é insuficiente para atender á xente" afirman os empregados do Chuac na Coruña. Convocan unha mobilización para este xoves reclamando da Xunta de Galicia o reforzo das urxencias e da atención primaria. A marcha sairá ás nove da mañá deste xoves 30 de decembro da porta de urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña. 

CHUAC

Acusan á xerencia da área sanitaria de non permitir libranzas nin descansos. Afirman que a actual plantilla é insuficiente para unha adecuada atención dos doentes. "Estamos traballando con sobrecarga asistencial, os pacientes ocupan os corredores de Urxencias e non conseguimos atendelos" salientn os profisionais sanitarios. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora