En Esmelle, todo se facía con luces

En Esmelle, todo se facía con luces
01 de Agosto, 2025 - 02:55 h. | Publicada por Radio Fene

Sempre me lembrarei da cerca da eira, do loureiro roman, tan paxareiro, na que tantas niñadas velei, e da figueira ramona, tan viciosa, ao pé da casa, onde ao palleiro grande. Miranda era a pousada de don Merlín. Eu durmía no faiado, nunha cámara estreita, que tiña un ventano que cadraba mesmo enriba do catre. Tomei gosto, pola noitiña, de rubirme a este, i estarme unha hora asomado. I el era polas luces. En Esmelle, na noite, todo se facía con luces. 

ESCOITA O PODCAST:

Conversa con Juan Luis Montero Fenollós e Samuel Nión sobre o castro de Esmelle:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/010825NION.mp3

Disque a realidade sempre supera á ficción. Así ocorre en Esmelle en Ferrol. Cunqueiro soñara a selva de Esmelle e fixo vivir alí ao mago Merlin.  Pero agora a arqueoloxía vai e descubre, tamén en Esmelle, que alí vivían os ferroláns hai 2.400 anos. Atoparon unha rúa perfectamente conservada de catro metros de ancho, que revela unha planificación urbanística inusual neste tipo de construción. Tamén un torreón defensivo e un edificio de 50 metros cadrados dun posible uso colectivo o que evidencia a organización social do castro. Din, con humor, que foi o primeiro local da Asociación Veciñal de Esmelle. Tralo castro en Esmelle en Ferrol, onde a realidade supera á ficción.
O castro de Esmelle precisa de escavación pero tamén de estudo dos datos extraídos. O potencial é enorme. Está moi ben conservado e está nunha parcela propiedade do Concello de Ferrol. O profesor da Universidade Juan Luis Montero Fenollós destaca como elemento singular de Tralo castro, a calzada,  a rúa empedrada cun estado de conservación excepcional. No mundo dos castros había moita monumentalidade e organización. A calzada está como se se abandonara hai trinta anos. Infírese capacidade de planificación construtiva e social. Establécense espazos colectivos, segundo o director da escavación Samuel Nión.

Cultura

Publica o teu comentario agora