En lembranza da revolta de 1918

En lembranza da revolta de 1918
02 de Xaneiro, 2019 - 01:32 h. | Publicada por Radio Fene

A revolta da fariña ou a guerra das mulleres eran os nomes cos que se lembraba na comarca de Ferrol os sucesos de 1918, e as numerosas protestas contra a carestía da vida que se desenvolveron entre febreiro e marzo daquel ano.

Monumento en lembranza da guerra das mulleres de 1918

O xoves 3, ás 17h da tarde, o Concello de Narón inaugura a praza 13 de marzo en lembranza da revolta acaecida en 1918. Daquela en Sedes, as forzas da orde reprimiran a protesta e nos sucesos morreron seis persoas. Na época da República levantouse un monumento lembrando aqueles feitos, monumento derrubado pola Falange en 1936. "Agora un novo monumento e o nome da Praza 13 de marzo lembrará que somo sun pobo con historia e espírito de rebeldía" afirma Lidia Romero da "comisión da Revolta".
Durante o ano 2018 a comisión realizou actividades, encontros e unha xornada de memoria para lembrar as mulleres e o pobo de
Ferrolterra que se unira hai cen anos contra os abusos das autoridades que tentaban lucrarse vendendo os productos de
primeira nencesidade a países en conflito na primeira guerra mundial escaseando nos mercados locais ou elevando os prezos;
ademáis os impostos eran cada vez máis elevados para as clases populares. Isto dou pé a unha revolta que durante o mes de marzo
tivo paralizada a comarca e que tivo eco nas noticias dos xornais de todos o estado e de Francia, Portugal ou Inglaterra. Conseguiron o
obxectivo de baixar os prezos e a demisión dos alcaldes de Fene, Ferrol e Narón.

UN DOCUMENTAL NO 2019.

A comisión traballou arreo no 2018 con catro obxectivos claros: recuperar a memoria na comarca, publicar en papel un especial
sobre o acontecido, atopar descendentes das persoas represaliadas e colocar un monumento no lugar que fora tirado na
Guerra Civil. Todos os obxectivos foron conseguidos e, este ano, comezarán a gravar un documental que recupere a memoria e na
que Nós, Produtora Cinematográfica Galega xa traballa para levala a cabo; "O guión xa está elaborado e estamos a conseguir fondos,
de todas as maneiras temos material para unha primeira reportaxe  que esperamos que remate en longametraxe" comenta Olaia Ledo,
guionista da produtora e membro da Comisión da Revolta Popular de 1918.

Seguro que che interesa
Cultura

Publica o teu comentario agora