En lembranza de Quinín

En lembranza de Quinín
04 de Abril, 2025 - 10:00 h. | Publicada por Radio Fene

Naceu e viviu en Redes ata que cumpriu dezasete anos. A esa idade a nai cos fillos trasladouse a Madrid. Viviron oito ou nove anos re-alugados. Grazas ao Pai Llanos do Pozo do Tío Raimundo, accederon a unha vivenda social. Joaquin Rojo “Quinin” ao xubilarse volveu a Redes.

ESCOITA O PODCAST:

Conversa con Joaquín Rojo "Quinín" en Radio Fene:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/030425ROJO.mp3

Autorretrato de Joaquín Rojo "Quinín"

O seu pai loitou contra os caciques de Ares ata 1935, cando se colgou. Emigrara a Cuba con 14 anos e volveu con cartos.  A súa primeira exposición de pintura foi en Fene en 1986. Redes é un sitio privilexiado afirmaba Joaquin Rojo “Quinín” con motivo dunha mostra realizada en Ferrol en 1996. Cos seus cadros quería demostrar o seu amor a Galicia, segundo indicaba nunha entrevista en Radio Fene.
A Agrupación Instrutiva de Caamouco organiza para o fin de semana do sábado 12 e domingo 13 de abril as Xornadas “O legado de Quinin”. Abrirase unha mostra sobre o pintor e un obradoiro infantil. Tonecho Otero falará sobre Quinín no contexto das vangardas europeas, o sábado 12 ás sete da tarde na Tenencia, en Redes, Caamouco, Ares.

Cultura

Publica o teu comentario agora