En Melide, hai foliada

En Melide, hai foliada

21 de Abril, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

"O tesouro da ferreña” é un conto dunha avoa a unha neta, un audiovisual dirixido por Patricia Coucheiro e centrado na Foliada de Melide, un evento musical que cumpre doce anos neste 2016. Preséntase mañá venres á noite. Artesanía, animación na rúa e concurso de cantos de taberna mesturanse nesta fin de semana nas rúas de Melide.

Dezanove grupos participan no certame de cantos de taberna que se desenvolverá o sábado entre as doce do mediodia e as catro da tarde. Cantata vernácula o venres, Os d´abaixo e Os Falperrys o sábado e Xabier Diaz e as Adufeiras do Salitre o domingo, protagonizarán os concertos desta edición da Foliada de Melide.

Sociedade