ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Real Filharmonía de Galicia ofrecerá concertos o 18 de setembro en Vite, o 19 nas Fontiñas, o 20 en Conxo, o xoves 26 no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela e o venres 27 de setembro en Ferrol. Coa dirección de Joana Carneiro interpretará pezas de Adams e Chaikovski. Queren deleitar formando e fortalecendo a cultura musical.
A Filharmonía estreará a ópera de Fernando Buíde “A amnesia de Clio”. A orquestra ofrecerá o curso que comeza en setembro seis obras novas e volverá de xira internacional. O programa 2019 – 2020 inclúe vinteduas sesións de abono, unha xira por Austria e dezaoito actuacións en cidades galegas como Vigo, Ferrol e Pontevedra.
Queren achegar a música clásica ao gran publico.
A actividade ordinaria da Real Filharmonía comezará o vintecinco de setembro baixo o lema “En movemento”. Terán continuidade as súas propostas didácticas, os concertos por barrios, os familiares e os solidarios. Presentaron o programa o director titular e artístico da Real Filharmonía de Galicia Paúl Daniel e a directora técnica Sabela Garcia Fonte.
Publica o teu comentario agora