ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Colexio Castro Baxoi de Miño atravesa unha difícil situación polos recortes no profesorado, afirman o claustro e a ANPA do centro. A Xunta de Galicia asignoulles dúas prazas de profesores menos cando teñen máis alumnado que o pasado curso. As aulas están totalmente masificadas e o CPI recibe novas matrículas durante todo ano. Gran parte procede do estranxeiro e dun centro de menores próximo. Indican que o Castro Baxoi debería ser considerado un centro de réxime especial e non sufrir recortes tan abruptos e arbitrarios no persoal docente.
As familias, a ANPA e o Consello Escolar do centro xa manifestaron no período estival a súa desconformidade cos recortes. Agora concentrarse todos os dias ás 13 horas diante do colexio para facer visible a protesta. “Vémonos na obriga de suprimir varias optativas e os recortes conforman aulas de case 30 persoas coa problemática que iso conlevará” manifesta unha das profesoras que tamén salienta: “En 2º da ESO hai un 35% de alumnado con necesidades educativas especiais, moi por riba da porcentaxe recomendada e moi contraditorio respecto ás directrices de atención á diversidade.
Ferrol, Fene e Valdoviño
As familias do Colexio Os Casais de Maniños en Fene reclaman á Xunta de Galicia o cumprimento da lei. En primeiro e segundo de Primaria atópanse cun agrupamento con 18 meniñas e meniños. A lei sinala como ratio máxima a de 14. A ANPA Rio de Va solicita o envío dunha docente máis para poder cubrir as necesidades deste grupo. "A administración ten que cumprir a súa propia normativa" afirma Olalla Barro, da ANPA.
Tamén o colexio de Valdoviño reclama o desdobre da aula de quinto de infantil. Contan con 26 menores matriculados. Asimesmo o colexio Ledicia de Caranza demanda desdobres en segundo e en cuarto de Primaria onde se sobre pasan as ratios fixadas como tope pola Consellaría.
Aumento do concertado
O ensino concertado continua en ascenso fronte ao ensino público, segundo salienta o mestre e editor Manuel Bragado. A Xunta de Galicia destina ao concertado máis de 300 millóns anuais, cun incremento sostido na última década. Son máis de douscentos colexios privados, con catro mil unidades, cinco mil docentes e máis de oitenta mil escolares. Fronte ao aumento do concertado, continúan pechándose escolas públicas no medio rural e reducindo profesorado.. O gasto medio anual por habitante en educación situase en Galicia en 1043 euros, por debaixo da media estatal que alcanza os 1.100 euros.
Publica o teu comentario agora