En pé, os que non teñen pan, ...

En pé, os que non teñen pan, ...

01 de Maio, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Os versos da Internacional representan o espiritu das marchas que este mediodía percorreron as rúas céntricas das cidades de Galicia. Perto de 200.000 persoas asistiron ás protestas contra os recortes e contra as medidas de austeridade do Partido Popular. A crise e o desemprego activaron a masiva participación no primeiro de maio, dia internacional dos traballadores. A CIG celebrou a súa manifestación central en Vigo e CCOO e UXT na Coruña.

O sindicato nacionalista marchou baixo o lema “Partido Popular –Unión Europea: menos dereitos, máis pobreza” mentras que as centrais estatais proclamaban "Non teñen límite. Loita polos teus dereitos".

Sociedade