En San Valentín toca o Fenerock

En San Valentín toca o Fenerock
06 de Setembro, 2022 - 11:43 h. | Publicada por Radio Fene

A música de Def con dos atraerá a numerosos seguidores a San Valentín. Unha carpa con cabida para 3000 persoas albergará o Fenerock festival o 16,17 e 18 deste mes de setembro. Maikel Rodeiro da organización explicou en Radio Fene o programa previsto para o domingo. Haberá un xantar a base de churrasco e paella.

ESCOITA O PODCAST:

Maikel Rodeiro fala da preparación do Fenerock Festival XIX edición
http://173.255.131.18/audio/060922RODEIRO.mp3

Fotografía Maite Martínez Prieto

Fene Rock. Boa música con grupos da comarca, grupos galegos e cabezas de cartel atractivos. Participarán o venres Mártires del rock and roll, Voho, Solrain e Carlos Campoy. O sábado tocarán Def con dos, Hamlet, Evakristo e Sin city devils. Na sesión vermú do sábado actuarán Tandub coa súa música de fusión entre Galicia e Marrocos. Xa o domingo subirán ao escenario The Keepers.

 

Fotografía:Maite Martínez Prieto (Paseo marítimo de San Valentín)

Cultura

Publica o teu comentario agora