Encendida oposición no primeiro pleno de Fene

Encendida oposición no primeiro pleno de Fene

08 de Xullo, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Fene celebrou o primeiro pleno de conformación do novo goberno local no que se decidiron, o reparto das áreas de traballo e as remuneracións que percibirán os concelleiros-as. As cantidades non varían nada con respecto ao anterior mandato. Segundo afirmou o alcalde, Juventino Trigo, hai un compromiso claro de non incrementar os gastos en adicacións. Tal e como anunciara, os 42.000 euros brutos destinados á alcaldía, o BNG repartiunos entre o alca

Os plenos ordinarios seguirán sendo os primeiros xoves de cada mes ás seis da tarde. O PP considérase perxudicado pola representación que terá nas comisións informativas. Gumersindo Galego alegou que tendo o 41% dos votos, teñen 3 representantes, mentras que o BNG que obtivo o 23%, terá dous. Contestaronlle dende o goberno que a proporcionalidade a marca a lei e neste mandato están representados cinco grupos, no anterior mandato eran catro. PP e EU abstivéronse practicamente en todos os puntos que se someteron a votación e fixeron méritos como oposición ao protagonizar os momentos máis polémicos da sesión, por outra parte, ben moderada polo novo alcalde.

Sorpresas da oposición

Nos primeiros minutos, Gumersindo Galego, pronunciou un "alegato" que viña a ser unha obxección ao novo goberno tripartito, afirmando que, se ben é legal que se puxeran dacordo para gobernar, o PP ten a maioría dos votos dos feneses e o novo goberno é “ilexítimo”. Ademáis Galego puxo en dúbida a transparencia dos novos gobernantes e criticou que aínda non se asignasen os novos locais aos partidos políticos nas instalacions municipais.

O primeiro tenente de alcalde, o socialista Antón Noceda, puxo en dúbida o talante democrático de Gumersindo Galego a quen lle recordou que tamén el fixo esforzos, aínda que infructuosos, por acadar algún apoio que lle permitira facerse coa maioría absoluta. O alcalde, Juventino Trigo,  espetoulle que nos concellos onde lle favorece, o PP tamén fai alianzas e recomendoulle ao portavoz popular que non empece a "facer campaña das xerais nos plenos. Anunciou Trigo, a propósito da transparencia, que nos próximos días reunirá no salón de plenos a todo o movemento asociativo para informalos de todo canto se leva decidido e do programa de goberno.

A edil de EU MªCarmen  Martinez protagonizou outra intervención polémica, ao demandar o cese dos dous concelleiros de Somos Fene. Alegou que un non vai ter tempo que adicar ao concello debido ao seu traballo e do outro por protagonizar unha discusión, no colexio dos seus fillos, cun funcionario municipal hai un ano. O portavoz de Somos Fene, Xoan Manuel Rodríguez Bastida, que non ten adicación exclusiva, contestou que el ten que traballar como médico e que lle adicará ao concello o tempo que lle quede. Sobre a acusación ao seu compañeiro, afirmou Bastida que se trata dun asunto da súa vida privada, que ocorreu hai máis dun ano cando este non tiña responsabilidades políticas. O alcalde contestou que non ía pedirlles o cese, co mesmo razonamento.   

Por unanimidade, e foi a única vez, o pleno aprobou un suplemento de crédito por valor de 10. 036 euros, para acometer a reparación dos parques infantís. Tamén aquí o PP recriminoulles non telos apoiado hai dous meses nese asunto.Esa cantidade complementará a subvención concedida.

O pleno de Fene empezou onte cun minuto de silencio e de respecto ao que fora concelleiro de Fene , Manuel Pérez Vilar, falecido na madrugada de onte. Pérez Vilar será soterrado mañá xoves ás seis da tarde, no cemiterio veciñal de Sillobre. O retraso da inhumación débese a que seu fillo maior viaxa dende Holanda, onde traballa,  para despedirse do pai.

Sociedade